Voluntariado presencial en ONG
Nombre de organización | ASOCIACIÓN ALTAIR GALIZA |
Objetivo | Altair Galiza é unha asociación sen ánimo de lucro que forma parte do movemento internacional Altair de educación nos tempos libres. Trátase dun proxecto que nace coa vontade de fortalecer os vínculos e o coñecemento da contorna das nosas crianzas, construíndo un lugar inclusivo, de aventura e educación en valores. De xeito regular, en Altair Galiza traballamos con crianzas de entre 8 e 18 anos a través da educación baseada en proxectos, co obxectivo de constituír un espazo para o desenvolvemento integral das persoas. En Altair defendemos o voluntariado e o asociacionismo como ferramentas de cambio social e de traballo polo ben común. Desde a nosa acción educativa promovemos a liberdade e a igualdade das persoas, o respecto pola diferenza e o libre pensamento, a xustiza social ou a protección do medio, tal e como se recolle na nosa Carta Constitucional. Se queres saber máis sobre a vida asociativa de Altair Galiza, podes revisar os nosos estatutos así como o regulamento interno. Ademais, compartimos os Métodos Pedagóxicos da Altair e de cada un dos grupos de idade, aprobados en Asemblea Extraordinaria da Altair Galiza no día 19.12.2021. Os métodos teñen vigor de modo provisorio e experimental durante tres anos, até a súa proposta e eventual aprobación definitiva polo Consello Internacional do MEI Altair. Actualmente, a nosa asociación conta con un agrupamento en activo: Seteportas, en Santiago de Compostela. Existen outros dous: Faro Brigantium, na Coruña eChao de Castro, que foi impulsado na localidade de Burela, ambos actualmente sen actividade. Por outra banda, Altair Galiza conta cunha Escola de Educación nos Tempos Libres que realiza cursos de monitorado, dirección e outros recollendo o mellor da tradición educativa e pedagóxica da educación nos tempos libres. A ETL Altair Galiza ofrece formación homologada pola Xunta de Galicia. Viaxa pola nosa web e coñece a actividade que desenvolvemos! http://www.altair.gal/ |
Web | https://altair.gal/ |
Delegación de A Coruña |
|
Dirección | Rua do Home Santo, 29B |
Código Postal | 15703 |
País | España |
Provincia | A Coruña |
Fax | |
Teléfono |